As nosas
profesionais
Coñece ás profesionais integrantes da asociación
Sonia Amoedo
Comezou no sector do benestar, non sendo unha profesional do sector, cunha misión clara: empoderar a mulleres maiores de 40 anos.
O seu obxectivo é acompañalas no coidado persoal para que afronten os seus novos retos vitais cunha calidade de vida óptima e renovada enerxía. Aínda que a súa experiencia neste ámbito é recente, de aproximadamente cinco meses traballando con Nu Skin, o seu entusiasmo e compromiso son absolutos.
Mar Arias
Educadora Visual e emprendedora galega.
Acompaña a persoas que queren mellorar a súa visión desde un enfoque natural, abordando a causa e non só o síntoma, e axudándolles a recuperar confianza e autonomía cos seus ollos.
Ademais, preside Atlántigas Club Deportivo. O primeiro club ciclista fundado e dirixido por mulleres en Galicia, un proxecto desde o que se impulsa comunidade, deporte e liderado feminino.
Cris Bamio
É artista multidisciplinar. Na actualidade, móvese principalmente entre a fotografía, a pintura, o debuxo e a poesía. A súa traxectoria expositiva inclúe tanto mostras individuais como colectivas, nacionais e internacionais.
Actualmente, independentemente da actividade expositiva e outros proxectos en curso, tamén está a diversificar e ampliando o abanico con outras propostas como a creación de talleres plásticos conscientes.
Encántanlle e está aberta a colaboracións tanto artísticas como aplicadas.
Bibí Bouza
É socia fundadora e membro da directiva do Club Voleibol Emevé de Lugo desde a súa fundación en 1983. Presidenta desde o ano 2014.
O Club Emevé ten, a día de hoxe preto de 600 xogadores/as e adestrador/as.
- Equipo feminino na máxima categoría do Voleibol Naciona: Arenal Emevé.
- Equipo masculino na categoría de Prata do Voleibol Nacional.
- Equipo de 1º Nacionalfemenina: tercera categoría.
- Equipos en liga autonómica: 12.
- Equipos en Liga escolar: 31.
- Equipo de voleibol inclusivo: VoleyIN.
El Club Voleibol Emevé de Lugo fomenta el deporte desde los 3 años en Lugo.
Verónica Buide
Cunha traxectoria de 20 anos na industria audiovisual e do entretemento, foi produtora executiva de series de animación e longametraxes, e traballou na expansión global de proxectos animados como Pocoyó, Miraculous Ladybug, Gormiti ou Mortina, establecendo alianzas estratéxicas, coproducións e acordos comerciais con estudos, canles, plataformas, distribuidoras e licenciatarios desde Corea ata Canadá, pasando por Europa e Latinoamérica.
Tamén é avogada de propiedade intelectual, dereito audiovisual e dereito dixital, e unha das súas especializacións é a intersección entre os dereitos de autor e a IA. Ademais, é relator habitual nos eventos europeos e latinoamericanos máis relevantes do sector, así como docente en materia de dereitos de propiedade intelectual en diversos programas formativos nacionais e internacionais.
O seu compromiso coa industria do entretemento vai máis aló. Traballa para fortalecer a industria a través do fomento da diversidade e a igualdade de oportunidades, a internacionalización de proxectos e a consolidación de modelos de negocio sostibles para os contidos editoriais, audiovisuais e "xogables", nos que o compoñente transmedia, dixital e tecnolóxico é cada vez máis importante.
Isolina Calvo
Leva 37 anos dedicándose ao mundo da beleza, que é a súa paixón desde sempre.
Traballa para mulleres reais, mulleres con pouco tempo, pero con moitas ganas de sentirse ben. Por iso, creou SIOLAZ, unha cosmética galega sinxela, eficaz e pensada para coidar a pel sen complicacións.
É alegre, apaixonada do seu traballo e feliz de poder axudar a outras mulleres para verse e sentirse mellor. Traballa desde a verdade, a experiencia e o corazón.
Espéravos coa mesma ilusión coa que traballa cada día.
Nuria Carballido
Creadora de experiencias e proxectos que conectan persoas, cultura e emoción en Galicia.
Vicepresidenta da asociación de Mulleres Líderes e alma inquieta detrás de novos formatos de eventos, transforma cada idea en algo que deixa pegada
Especializada en converter celebracións en propostas con identidade propia, sabe unir estratexia, creatividade e narrativa para dar forma a marcas e eventos con personalidade.
O seu selo: visión, carácter galego e unha enerxía imparable para facer que as cousas pasen.
Ana Castro Liz
Psicóloga Sanitaria consulta privada en Lugo desde 2002.
Especialidades:
- Psicoterapia infantil e adultos: ansiedade, fobias, estrés, obsesións, depresión, trastorno bipolar, anorexia, bulimia, control de impulsos, adicións, superación duelos, traumas etc.
- Terapia de Parella e Familiar.
- Terapia Sexual: impotencia, eyaculación precoz, frigidez, anorgasmia etc.
- Especialista en Violencia de Xénero: Trauma e Duelo.
- Desenvolvemento e Crecemento Persoal.
- Sanar o pasado: Liberar o Sentimento de Culpa e Terapia do Perdón.
- Psicóloga e Coach Deportivo.
- Escritora, divulgadora e tamén Youtuber (+180k) Organizadora de eventos con Eventos LASTRESC
Mar Castro
Gardiá das palabras sutís, precisas e exquisitas.
Asesora internacional en Comunicación Executiva e Marca Persoal.
Asesora, escritora, mentora, docente universitaria e conferenciante.
Pioneira na investigación e difusión da NETiqueta e a Oratoria Dixital.
Extrovertida, entusiasta e empática, aposta por un liderado feminino inspirador. Cre nas bondades do sorriso e na práctica da lealdade, a coherencia e a reciprocidade como principios reitores da súa vida. O seu modelo de traballo busca a excelencia en cada iniciativa, combinando rigor, visión estratéxica e sensibilidade humana.
É doutora en Comunicación, con tres Máster en Comunicación e Protocolo. Autora de sete publicacións, catro capítulos de libros e do blog: www.marcastro.es. Ten varios recoñecementos nacionais e internacionais.
Noemí Castro
É unha persoa traballadora, paciente e responsable. Ao principio, pode parecer un pouco tímida, sobre todo cando está nun ambiente novo, pero cando entra en confianza, gústalle achegar, colaborar e dar o mellor dela.
Considérase unha persoa normal, con ganas de aprender, mellorar cada día e enfrontar novos retos con actitude positiva. Cre no esforzo, a constancia e en que sempre hai algo novo por descubrir.
Anjhara Gómez
Investigadora en historia contemporánea, xurista de formación e especialista en servizos culturais, Anjhara Gómez desenvolve o seu labor no ámbito académico desde o grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza a súa tese doutoral sobre o imaxinario colectivo e a cultura popular na Galicia rural entre os séculos XVIII e XX. O seu traballo céntrase en comprender os procesos de transmisión cultural, as formas de pensamento comunitario e as transformacións sociais do mundo rural galego, cunha mirada interdisciplinar que conecta coñecemento académico e realidade contemporánea.
Paralelamente á súa actividade investigadora, é fundadora dun forno de repostería artesá, un proxecto que nace da defensa dos saberes tradicionais, a produción local e a cultura gastronómica como patrimonio vivo no ano 2015.
A súa inquietude vai máis aló do ámbito académico e empresarial. Mantén un firme compromiso co movemento social e asociativo, traballando activamente polo desenvolvemento comunitario e o fortalecemento do tecido social galego. O seu labor oriéntase especialmente ao crecemento integral da muller, promovendo espazos de liderado, formación e participación, actualmente como presidenta da asociación Mulleres Líderes de Galicia, unha iniciativa que nace coa vocación de xerar impacto social, visibilizar o talento feminino e contribuír a unha sociedade máis xusta, participativa e consciente do papel transformador do liderado feminino.
A súa traxectoria defínese pola conexión entre coñecemento, tradición, emprendemento e compromiso social, cunha clara vontade de transformar a realidade desde a cultura, a investigación e a acción colectiva.
Esperanza Guede
Secretaria de Dirección e Protocolo na Cidade da Cultura de Galicia, desempeñando funcións de apoio directo á Dirección en xestión executiva, coordinación institucional e organización interna. Durante 23 anos coordinou a planificación estratéxica de actos institucionais, a xestión protocolaria e a organización de eventos de alto nivel nunha contorna cultural de referencia.
Fundadora da Escola Galega de Protocolo, proxecto formativo especializado en protocolo, organización de eventos e comunicación institucional orientado á profesionalización e excelencia do sector en Galicia e a nivel nacional.
Socia e Vogal da Asociación Española de Protocolo, entidade con máis de 30 anos de traxectoria na promoción e desenvolvemento da profesión en España, e membro de Xoves Eruditos.
Conta cunha sólida traxectoria en dirección, coordinación institucional e formación, combinando rigor, visión estratéxica e atención ao detalle para garantir a excelencia organizativa.
Alexandra Gual
Nace en Hospitalet de Llobregat (Cataluña).
Reside e exerce a avogacía en Lugo (Galicia) desde o ano 2018.
Actualmente, combina o exercicio da profesión da avogacía coa mediación nos ámbitos civil e mercantil.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona no 2014 e obtivo unha mestría en Dereito dos Negocios polo Ilustre Colexio de Avogados de Barcelona no ano 2016.
Cursou varios cursos de especialización en Madrid nas áreas de dereito civil, de familia e laboral, e, recentemente, a obtido titulación como mediadora civil e mercantil.
Mariví Iglesias
Ten ampla experiencia como Consultora en Finanzas persoais, especializada en Planificación a curto, medio e longo prazo e Investimento e Xubilación.
É divulgadora de Educación Económica e Financeira, Freelance e Facilitadora de Servizos Empresariais especializados e de alto valor.
Emprendedora de vocación, é apaixonada e motivadora constante do Networking como ferramenta para o éxito profesional, empresarial e social e a Colaboración como forma de chegar máis lonxe nos nosos propósitos.
É Coordinadora de Zona para OVB Allfinanz España, Delegación OUR1.
Presidenta de AGAEXE (Asociación Galega para a Educación Xurídica e Económica), Tesoureira da Asociación A Ciencia é feminino e forma parte do Comité Galicia de Unicef.
Está Certificada como Consultora en Finanzas Persoais (ICEA nº 712049)
Estea Certificada en Asesora Financeira (AFI-Título validado por CNMV e publicado na listaxe de títulos e certificados que cumpren coas esixencias do apartado 8º da Guía Técnica 4/2017 ).
Co-Autora da Guía/Libro de Educación Financeira “As túas Finanzas e As túas Emocións”.
É unha muller emprendedora, inquieta e profundamente comprometida co benestar e o crecemento persoal real.
O seu traballo nace da experiencia, a formación continua e o contacto directo coas persoas.
Motívalle especialmente acompañar a outras mulleres a reconectar coa súa forza, a súa confianza, a súa autonomía e a súa capacidade de liderar a súa propia vida.
Cre nun liderado próximo, honesto e coherente, construído desde o exemplo.
Formar parte desta asociación representa para ela unha oportunidade de seguir crecendo e contribuíndo ao impulso do liderado feminino
Chelo López
Chelo é unha soñadora e entusiasta.
Din que é a "alma mater" de Gandería Quintián, pero a ela gústalle falar de equipo que é o que son. Lidera con orgullo e coa satisfacción de facelo desde o coidado e a motivación, a un equipo formado por 5 persoas, xunto a Julio e as súas fillas, que se están formando.
É consciente que rodearse dos mellores profesionais é o máis importante para que o camiño sexa máis seguro e frutífero.
Administrativa de profesión e emprendedora no rural por convicción, quixo demostrar e mostrar á sociedade a riqueza do rural mediante o produto que ofrecen, así como poñer en valor tanto o seu traballo como a súa contorna, sempre en simbiose coa natureza.
Defensora da cultura e tradición, sempre desde a vangarda e o coidado da imaxe, como motor para o progreso e a visualización do que tanto ama que é o noso rural.
Gústalle as sinerxias, a colaboración, a fusión da cultura, coa artesanía como forma de coidar o noso patrimonio e gastronomía.
Paula Núñez
Paula Núñez é coach certificada e dedícase a conectar persoas coa dimensión emocional dos seus proxectos, ben sexan persoais ou profesionais.
Nas súas sesións individuais ou grupais, integramente prácticas, traballa aspectos como a comunicación, o medo ou o valor. O obxectivo de Paula é axudar aos seus clientes para lograr cambios duradeiros.
Conectarse mellor coa contorna, o teu equipo ou contigo mesma é para ela o verdadeiro camiño cara á autenticidade.
Carolina Río
Fisioterapeuta especializada en chan pélvico con máis de 20 anos de traxectoria profesional.
Acompaña a mulleres en procesos de reconexión corporal, poñendo o foco en escóitaa, o benestar e o pracer como dimensións fundamentais da saúde feminina. Entende o corpo como unha áncora ao que volver e como o punto de partida desde o que se xeran procesos reais de transformación.
Integra a experiencia clínica con propostas grupais e en liña, creando espazos de movemento e comunidade onde o corpo é concibido como un proceso vivo e en evolución.
Candy Rodríguez
Conectando a esencia humana a través do espello equino.
Fundadora e Directora de Crincoach, consultoría pioneira en intervencións asistidas con cabalos para o desenvolvemento humano e executivo.
Veterinaria (USC) y Coach Certificada por la ICF, Candy fusiona la ciencia con la inteligencia emocional. Es Especialista en Educación Emocional por la USC.
Experta en Comunicación Natural Equina e a alma tras o centro ecuestre "O Recuncho de Leira o Carmen". Como creadora da Formación BECC, lidera a certificación de referencia en Coaching e Benestar Emocional asistido con Cabalos.
Desde o seu fogar no rural lucense, convive cunha manda de 20 cabalos que son a base da súa metodoloxía. Alí, a conexión coa natureza actúa como motor de innovación para os seus programas de transformación persoal.
Shirley Rodríguez, micropigmentadora estética e paramédica formada en España, Brasil e EEUU. 10 anos amando o lado terapéutico da micropigmentación, porque a autoestima é tamén saúde mental.
O seu obxectivo como muller e empresaria é loitar para unha conciliación real entre vida profesional e familiar, ou conseguir a integración entre ambas. Cunha conciliación laboral adecuada, está segura que moitas máis mulleres animaríanse a emprender e liderar empresas e equipos.
A doutora Johanna Teriffe é filla de galegos que emigraron a Venezuela retornaron a España en 2014.
Médico Licenciado en Medicina e Cirurxía, Especializada en Medicina estética regenerativa e Antienvejecimiento pola Universidade de Valencia Venezuela, Carabobo. Médico Estético pola Universidade Complutense de Madrid.
Á súa vez, especializouse como Perito Médico Xudicial, valorador de dano corporal, en lesións derivadas de accidentes de traballo, incapacidades, neglixencias médicas e mala praxes pola Universidade de Barcelona.
Desenvolveu o seu traballo ao longo destes anos en consultas médicas especializadas na comunidade de Madrid, Asturias e na Provincia de Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol. Á súa vez, con despacho físico en Lugo para valoracións de Dano Corporal.
Ten unha teoría: "Se Amas o que fas, entón non traballas porque cando melloras vida de alguén a través do teu traballo, é imposible que a túa vida non mellore tamén".
Valeria Tomás
Fundadora e directora de Valeria Prado Inmobiliaria, axencia especializada en compravenda e asesoramento estratéxico en Lugo.
Desde 2022 lidera o seu propio proxecto empresarial, ofrecendo un servizo integral de posicionamento, negociación e unha sólida presenza dixital.
O seu obxectivo non é vender propiedades senón achegar seguridade, claridade e valor en cada operación, acompañando a propietarios e compradores en decisións craves.
Aposta pola profesionalización do sector inmobiliario, a formación continua e a creación de redes de colaboración entre mulleres empresarias que xeren oportunidades de crecemento e liderado.
Aitana Torres
Asesora filosófica e facilitadora de liberación emocional cuxo papel consiste en axudar ás persoas para saber quen son para que poidan gozar dunha vida plena.
A través da filosofía, entendida como amor á Sabedoría, a asesora filosófica profunda na filosofía operativa da consultante. Esta profundización ten como obxectivo que a consultante recupere o protagonismo da súa vida e poida tomar decisións conscientes.
Dietista profesional desde 2002, dedicou máis de dúas décadas a axudar ás persoas para mellorar a súa saúde a través da alimentación. Convencida de que “somos o que comemos”, basea o seu traballo na educación nutricional e na creación de hábitos alimentarios saudables e duradeiros.
Empresaria con máis de 20 anos no sector do comercio e a nutrición, dirixe dous centros de dietética en Burela e Foz, desde onde transmite a súa filosofía: “Ensinámoste a comer de forma saudable”.
Apaixonada pola súa profesión, Alba mantense en constante formación para seguir aprendendo e ofrecer aos seus pacientes un asesoramento nutricional actualizado e de calidade.

